
Amortizacións e novas prazas no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
A CIG velará polo cumprimento do acordo e pola transparencia en todo este proceso
Desde a CIG, tal e como xa lle manifestamos ao Xerente non aceptaremos amortizacións de prazas nin o peche de ningunha escola salvo casos excepcionais debidos á non existencia dunha matrícula mínima.
Ligazón ás táboas coas prazas a amortizar e as prazas de nova creación.
Ligazón ao acordo dos criterios de amortización
Calquera dato sobre as amortizacións que consideredes de interese para a súa negociación co consorcio comunicárnolo o antes posíbel no correo electrónico: galiza@cig-ensino.gal
Modificacións nos cadros anexos.
Segundo vaimos tendo máis novidades serán expostas aquí.
Na Galescola de Boiro, a cobertura dunha das prazas vacantes é de educador/a infantil (e non unha das de mestra, como se indicaba no cadro) quedará condicionada á súa necesidade en función da matrícula de setembro.
Na Galescola de Carral debe incluírse un posto de mestre/a no cadro de amortizacións.
Na Galescola de Melide debe incluírse un posto de mestre/a no cadro de postos que se crean.
Na Galescola de Salvaterra o número de postos é o seguinte: 2 mestres/as, 6 educadores/as e 1 PSX. A cobertura dunha das prazas vacantes de mestre/a quedará condicionada á súa necesidade en función da matrícula de setembro.
Na Galescola de Tomiño amortízase un educador/a mais non aparece no listado.