Amortizacións e novas aperturas nas Galescolas

Información da reunión mantida co Consorcio

Adiantándonos ao proceso de amortizacións, peches e aperturas de Galescolas, a CIG Ensino solicitou unha entrevista coa Xerente Adxunta de Escolas e co Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Desde a CIG manifestamos ao Xerente que non aceptariamos amortizacións de prazas nin o peche de ningunha escola salvo casos excepcionais debidos á non existencia dunha matrícula mínima. Isto foi aceptado polo Xerente.

Ligazón

Volver