Alegación de novos méritos para os apartados 6.1, 6.2, 6.3...

Aceptada, en certa medida, a petición da CIG Ensino

Despois da reclamación da CIG, a consellaría decidiu que nos apartados 6.1, 6.2, 6.3... o profesorado que concursou o curso pasado pode con carácter excepcional, renunciar á puntuación total dunha das epígrafes relacionadas, e debe, neste caso, volver a alegar os méritos da dita epígrafe ou epígrafes e presentar todos os documentos xustificativos deles. Non é exactamente o que pedíamos pero soluciona a problemática da xente con méritos perfeccionados con anterioridade ao 14 de decembro de 2010 e que non presentara ou non llos baremaran correctamente.

Podedes ver na seguinte ligazón o documento presentado na Consellaría, que foi o que fixo que a administración recapcitase a súa decisión e incluíse na convocatoria o seguinte parágrafo, na páxina 33367, dentro da base décimo novena, concretamente no apartado 4.

Sen prexuízo do anterior, con carácter excepcional, o persoal interesado poderá renunciar á puntuación total dunha das epígrafes relacionadas, e debe, neste caso, volver a alegar os méritos da dita epígrafe ou epígrafes e presentar todos os documentos xustificativos deles.

Como dicíamos na entradiña da nova non é exactamente o que pedíamos pero soluciona a problemática da xente con méritos perfeccionados con anterioridade ao 14 de decembro de 2010 e que non presentara ou non llos baremaran correctamente. 

Recordar tamén que a Disposición complementaria sexta da Convocatoria en relación coa puntuación dos puntos 6.1, 6.2 e 6.3 non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de disciplinas de carreira carreira, mestrado ou doutouramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión. Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións. Aplicaranse os criterios de valoración establecidos pola comisión baremadora do concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010.

Podes consultar toda a información sobre os concursos nas seguintes ligazóns: Primaria ou Secundaria

Volver