Alcaldías do PP néganse a designar os membros para constituír os tribunais para as probas de acceso ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Néganse a Nomear Tribunais

Alcaldías do PP néganse a designar os membros para constituír os tribunais para as probas de acceso ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Con este boicot, procuran que non se poidan realizar as probas, segundo o calendario previsto e acordado na Mesa de negociación. Por este motivo, o Consorcio vén de informarnos que continuará constituíndo os tribunais, pero que lles será imposíbel realizar as probas, antes da toma de posesión do novo goberno, tal como está previsto, pola demora ou negativa dos concellos a nomear os seus representantes.

Ligazón

Volver