• correlingua naron 19 (1).jpg
  • correlingua naron 19 (2).jpg
  • correlingua naron 19 (3).jpg
  • correlingua naron 19 (4).jpg
  • correlingua naron 19 (5).jpg
  • correlingua naron 19 (6).jpg

Aínda que se molle, o galego non encolle!

Este pode ser o resumo da xornada de hoxe do Correlingua que non puido celebrarse polas rúas de Narón por mor da choiva pero que se trasladou ao Pazo da Cultura con igual de entusiasmo por parte dos participantes.

Pasado por auga, pero coa mesma intensidade que no resto de vilas, o Correlingua tivo lugar esta mañá en Narón coa presenza de 1.500 alumnos e alumnas dos centros CEIP PIÑEIROS, CEIP A  SOLAINA, CEIP VIRXE DO MAR E CRA DE NARÓN, do concello de Narón; CEIP RECIMIL, CEIP A LAXE, CEIP ISAAC PERAL, CEE TERRA DE FERROL, do concello de Ferrol; CEIP OS CASAIS e CEIP CENTIEIRAS, do concello de Fene; e do concello de Neda os centros CEIP SAN ISIDRO e CEIP MACIÑEIRA.

A defensa do galego non se veu afectada pola climatoloxía. Os 1.500 estudantes de 12 centros da comarca ferrolá que estaban inscritos para o Correlingua ateigaron até en dúas sesións o Pazo da Cultura de Narón debido a que non puido celebrarse a tradicional marcha reivindicativa en defensa do galego. Nun acto dobre presentado pola actriz Isabel Risco e animado por Paco Nogueiras os rapaces e rapazas procedentes de centros de Narón, Ferrol, Fene e Neda gozaron da festa que estaba prevista para despois da carreira.

Na CIG-Ensino agradecemos que malia o vento, a chuvia e o frío a implicación de alumnado e profesorado non se vira mermada en absoluto na que é xa unha actividade de referencia na comarca no mes de celebración das nosas Letras.

Volver