
Adxudicacións PROVISIONAIS dos distintos corpos de SECUNDARIA para o curso 2007-2008
Destinos Provisionais CORPOS SECUNDARIA 2007-2008
Adxudicacións PROVISIONAIS dos distintos corpos de SECUNDARIA para o curso 2007-2008
Publicada na páxina web da consellaría a adxudicación provisional de destinos provisionais para o curso 2007-2008 nos distintos corpos de Secundaria:
(para acceder ás distintas adxudicacións pincha sobre elas)
-Profesores de Ensino Secundario (590)
-Profesores Técnicos de FP (591)
-Profesores de Música e Artes Escénicas (594)
-Profesores de Artes Plásticas e Deseño (595)
-Profesores de EOI (592)
-Mestres de Taller AAPP e Deseño (596)
(recorda que son as publicadas pola consellaría o 2 de agosto na súa páxina web)
IMPORTANTE: RECLAMACIÓNS
Nesta mésma páxina web (www.cig-ensino.com) podes atopar a convocatoria e modelos de reclamación a esta adxudicación ( consulta un banner de cor marrón co texto 'Destinos provisionais'). Segundo a convocatoria, na disposición vixésimo novena da mesma, os participantes poden presentar reclamacións á adxudicación provisional do 1 ao 7 de setembro.
IMPORTANTE: RENUNCIAS
O profesorado interino ou substituto que queira renunciar a este concurso (por coidado dun fillo menor de 6 anos, dun maior, .... _ver disposición vixésimo sétima da convocatoria) debe facelo, segundo a convocatoria, do 1 ao 7 de setembro, tanto se lle deron como senón nesta adxudicación ( Polo tanto, se agora non che dan praza e non renuncias no prazo, e logo che dan praza na adxudicación definitiva non poderás renunciar (agás causa sobrevida ao prazo de renuncias).
IMPORTANTE: BAIXA MÉDICA E TOMA DE POSESIÓN
Segundo a addenda do 11 de xullo de 2006, na súa base décima apartado 3, a aquelas persoas interinas ou substitutas que non poidan tomar posesión (enténdese da praza adxudicada neste concurso) por atoparse de baixa por enfermidade ou con permiso de maternidade reservaráselle o posto ata que se atopen en situación de alta. No caso de permiso por maternidade, o tempo transcorrido nesta situación será computable para os efectos administrativos como de servizos efectivos prestados.