Adxudicación provisional de MESTRES 2007-08

Destinos provisionais MESTRES 2007-08

Publicación destinos provicionais para o curso 2007-08 adxudicados os mestres que non teñan destino definitivo, aos que resultan deprazados por falta de horario, aqueles aos que se lles conceda unha comisión de servizos por concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, e os que soliciten o reingreso no servizo activo. S. PRIMARIA. Os concursantes poderán presentar reclamacións no prazo de tres días hábiles, desde a súa publicación, ante a Secretaría Xeral da Consellería de Educación. Podes conseguir o modelo na sección de destinos provisionais desta páxina.

Adxudicación de destinos provisionais de Mestres 2007-2008

 

Publicación na páxina web da consellaría dos destinos provicionais para o curso 2007-08 adxudicados aos mestres que non teñan destino definitivo, aos que resultan deprazados por falta de horario, aqueles aos que se lles conceda unha comisión de servizos por concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, e os que soliciten o reingreso no servizo activo. S. PRIMARIA.

 

Pódes consultar a adxudicación nesta ligazón.

 

IMPORTANTE: Reclamacións

 

Os concursantes poderán presentar reclamacións á adxudicación provisional no prazo de tres días hábeis desde a súa publicación ante a Secretaría Xeral da Consellería de Educación.

Recorda que nos días habeis non contan nin festivos nin domingos, pero si os sábados -non festivos-.

 

Modelo de reclamación

 

IMPORTANTE: Renuncias 

 

O profesorado interino ou substituto que  queira renunciar a este concurso (por coidado dun fillo menor de 6 anos, dun maior, .... -ver disposición  vixésimo primeira da convocatoria-) debe facelo, segundo a addenda,  no prazo de reclamacións, tanto se lle deron como senón nesta adxudicación. 

Polo tanto, se na adxudicación provisional non che deron praza e non renuncias no prazo, e logo che dan praza na adxudicación definitiva non poderás renunciar (agás causa sobrevida a esta adxudicación provisional -ver disposición vixésimo primeira da convocatoria).

 

Recorda que nos días habeis non contan nin festivos nin domingos, pero si os sábados -non festivos-.

 

IMPORTANTE: Baixas médicas e toma de posesión

 

Segundo a addenda do 11 de xullo de 2006, na súa base décima apartado 3, a aquelas persoas interinas ou substitutas que non poidan tomar posesión (enténdese da praza adxudicada no concurso de destinos) por atoparse de baixa por enfermidade ou con permiso de maternidade reservaráselle o posto ata que se atopen en situación de alta. No caso de permiso por maternidade, o tempo transcorrido nesta situación será computable para os efectos administrativos como de servizos efectivos prestados.

 

 

Volver