
ADXUDICACIÓN PROVISIONAL de destinos provisionais MESTRES 09/10: Publicada na web a nova adxudicación provisional de destinos que substitúe á do 31/7/09
NOVA ADXUDICACIÓN DE DESTINOS MESTRES
NOVA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DE DESTINOS MESTRES 09/10
(substitúe á que se publicou o venres 31/8/09)
Publicada, o 4/08/09 na páxina web da consellaría, a adxudicación provisional de destinos que substitúe á publicada o día 31/7/09 polos erros que había nesta última.
-Accede á nova adxudicación provisional de destinos (web 4/08/09)
-RECLAMACIÓNS:
Prazo de reclamacións: 3 días hábiles desde a publicación da adxudicación provisional (remataría o día 6 de agosto xa que se publicou o 4/8/09, aínda que a Consellaría debería ser flexíbel debido á hora na que se fixo esta publicación na web e así admitir as reclamacións que se entreguen o venres 7 de agosto).
Modelo de reclamación: Ligazón
Como presentar a reclamación? Como na páxina da Consellaría non indica nada, desde a CIG-Ensino recomendámosche que presentes a mesma por rexistro e logo mandes por fax unha copia da que che selaron no rexistro. Como tampouco indican ningún número de fax, recomendámosche que a envíes a este número: FAX 981-54-54-84
-RENUNCIAS:
O profesorado interino ou substituto que queira renunciar a este concurso (por coidado dun fillo menor de 6 anos, dunha persoa maior ao cargo, por un contrato de traballo temporal, .... ) debe facelo nestes 3 días, adxudíquenlle ou non praza na provisional . De non renunciar e, logo, serche adxudicada unha praza na resolución definitiva non poderás renunciar a ela (agás que a causa que xustificas sexa sobrevida ao 6 de agosto). Entrega por rexistro unha solicitude dirixida ao Director Xeral de Centros e RRHH da Consellaría, con todos os teus datos e fotocopia compulsada da documentación que xustifique a causa pola que renuncias, ver base vixésimo primeira da convocatoria).
-Outras informacións deste concurso: consulta na seguinte ligazón da nosa páxina.