
Adxudicación DEFINITIVA dos destinos provisionais dos distintos corpos de Secundaria para o curso 2007-2008
Destinos Provisionais SECUNDARIA 2007-2008
Adxudicacións DEFINITIVAS dos distintos corpos de SECUNDARIA para o curso 2007-2008
(para acceder ás distintas adxudicacións pincha sobre elas)
IMPORTANTE: BAIXA MÉDICA E TOMA DE POSESIÓN
Segundo a addenda do 11 de xullo de 2006, na súa base décima apartado 3, a aquelas persoas interinas ou substitutas que non poidan tomar posesión (enténdese da praza adxudicada neste concurso) por atoparse de baixa por enfermidade ou con permiso de maternidade reservaráselle o posto ata que se atopen en situación de alta. No caso de permiso por maternidade, o tempo transcorrido nesta situación será computable para os efectos administrativos como de servizos efectivos prestados.
Podes consultar pinchando aquí as instrucións dadas pola Consellaría para tomar posesión e os documentos que en cada caso son necesarios. A toma de posesión, segundo se indica nestas instrucións, farase no CENTRO educativo e non na Delegación.
Para calquera dúbida ponte en contacto coa CIG-Ensino en calquera dos nosos locais.