
Acordos da CIG coas demais organizacións sindicais contra a Lei de Medidas no Emprego Público
A CIG non desbota a posibilidade de folga se ao final a Xunta continuaba adiante coa Lei
Para a CIG-Ensino son gravísimas as novas medidas, presentadas pola Conselleira de Facenda, o venres día 4 de febreiro, que a Xunta do PP pretende aplicar. Amosamos o noso máis rotundo rexeitamento. Estas novas medidas, ás que lle hai que sumar a redución salarial que estamos sufrindo, implican novos e graves recortes nas condicións laborais e salariais do persoal da administración e sector público galego e un deterioro dos servizos públicos.
Na reunión que mantivemos hoxe, día 6 de febreiro de 2012, as organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF para estudar as mobilizacións contra o proxecto de lei de medidas no emprego público, acordamos:
- Convocar unha rolda de prensa para mañá martes, 7 de febreiro, ás 11:30 horas.
- Elaborar un texto conxunto para sumar resolucións nas xuntas de persoal.
- Non facer alegacións ao anteproxecto e presentar un escrito unitario, solicitando a retirada do mesmo.
- Concentración de delegados/as, diante de San Caetano, o día 9 de febreiro, ás 11:30 horas.
- Concentracións en centros de traballos, a determinar, o día 16 de febreiro, ás 11:30 horas.
- Concentracións comarcais nas sete cidades galegas, o día 23 de febreiro, ás 19:00 horas.
- Non trasladar ás mesas sectoriais negociacións parciais sobre aspectos do anteproxecto de real decreto.