
Aclaracións aos Servizos Mínimos
Folga no Consorcio o día 24
Aclaracións aos Servizos Mínimos
Para que a folga sexa un éxito e teña as maiores consecuencias positivas para as traballadoras e traballadores temos que facer que o servizo non funcione.
Aínda así os servizos mínimos temos que cumprilos por imperativo legal, polo que debemos tentar facer todo o posíbel para que a folga sexa un éxito, a pesar dos atrancos duns servizos mínimos abusivos.
A única obriga que tedes as directoras e directores é a de enviar o luns antes das 14:00 horas a relación de nomes que darán cobertura aos Servizos mínimos, recordando que segundo a nosa asesoría legal non temos obriga (nin o faremos) de cambiar os nosos horarios nin se pode obrigar ás directoras e directores a facer servizos mínimos, xa que non aparecen reflectidos no documento que vai ir ao DOG.
Para calquera tipo de aclaración chamade aos nosos locais
A CIG vai recorrer na vía xudicial estes servizos mínimos por abusivos e ilegais
Video sobre a convocatoria de FOLGA
Se por razóns destes atrancos non podedes participar na FOLGA e queredes manifestar o voso apoio, podedes asinar aqui.