
Aberto o prazo para solicitar a axuda para atención a persoas con discapacidade
O prazo remata o 18 de setembro e hai que presentar a documentación na dirección dos centros educativos
No DOG de hoxe, 2 de setembro, a Consellaría de Facenda vén de publicar a convocatoria do Fondo de Acción Social (FAS) do exercicio 2018 e que todo o profesorado que reúna os requisitos pode solicitar até o 18 de setembro a través da web específica para o FAS.
A convocatoria deste ano trae consigo un incremento das contías para esta axuda mais impide de novo a recuperación do FAS no resto das axudas que os e as empregadas públicas da Xunta viñamos percibindo até o 2011, como xa denunciou a CIG-Ensino, e que implican unha perda de máis de 57 millóns de euros en axudas a fillos e fillas, estudos, etc....
Prazos para solicitar a axuda
PRAZOS
- Xeración de solicitudes e presentación nos centros educativos: do 2 ao 18 de setembro de 2019
- Certificación das solicitudes por parte dos equipos directivos e devolución ás persoas solicitantes: até o 25 de setembro de 2019
- Presentación por rexistro: até o 2 de outubro
Importe da axuda
Discapacidade do 33 % ao 64 % | 1.560 euros (130 €/mes) |
Discapacidade do 65 % ao 74 % | 1.800 euros (150 €/mes) |
Discapacidade desde o 75 % | 2.160 euros (180 €/mes) |
No caso de que a cualificación da discapacidade fose posterior ao 1.1.2018, ratearase a contía da dita axuda. No FAS do ano próximo a axuda incrementarase até os 180 en todos os casos.