
A Xunta pretende recortar máis de 400 prazas de profesorado en secundaria
Datos extraidos dun estudo que xa supera o 50% dos centros de secundaria de Galiza
O recorte sen precedentes previsto pola Xunta de Galiza para o curso 2021/2022 supera o peor dos pesadelos de calquera docente galego, no estudo realizado pola CIG-Ensino (pouco máis do 50% dos centros de secundaria galegos) indican un recorte de 435 prazas con respecto ao ano pasado. E se queremos esquecer a pandemia, cousa no que a administración é experta, o recorte segue a ser de 189 prazas.
Estes números serán maiores aos que estamos mostrando xa que quedan datos de moitos centros galegos, datos que desde a CIG-Ensino seguiremos a recoller, pero que serán evidentes ao comezo do curso salvo que a Consellaría recapacite e modifique os cupos dos centros.
Recordamos que desde as direccións e o profesorado dalgúns dos centros afectados salientan que o recorte imposto pola Consellaría de Educación vai implicar serios problemas para o correcto e normal funcionamento dos centros educativos.
Hai centros que xa lle alegaron á Inspección educativa que coa cota docente imposta non poderán cumprir o protocolo, e algúns incluso mostran a súa imposibilidade de comezar o curso con este cupo de profesorado.
RECORTES NA COTA DE PROFESORADO (XULLO 2021)
Nome do centro |
Provincia |
Concelllo |
diferenza 2019 |
diferenza 2020 |
IES Monelos |
A CORUÑA |
A Coruña |
5 |
-1 |
IES Ramón Otero Pedrayo |
A CORUÑA |
A Coruña |
-1 |
-11 |
IES de Pastoriza |
A CORUÑA |
Arteixo |
0 |
-15 |
IES de Arzúa |
A CORUÑA |
Arzúa |
-1 |
0 |
IES Moncho Valcarce |
A CORUÑA |
As Pontes |
-3 |
-6 |
IES FRANCISCO AGUIAR |
A CORUÑA |
Betanzos |
-1 |
-3 |
IES David Buján |
A CORUÑA |
Cambre |
-2 |
-5 |
IES Isidro Parga Pondal |
A CORUÑA |
Carballo |
-2 |
-4 |
IES Cabo Ortegal |
A CORUÑA |
Cariño |
-2 |
-2 |
IES DE CARRAL |
A CORUÑA |
CARRAL |
-3 |
-6 |
IES de Curtis |
A CORUÑA |
Curtis |
-11 |
-11 |
CPI Eusebio Lorenzo Baleirón |
A CORUÑA |
Dodro |
-1 |
-1 |
IES CONCEPCIÓN ARENAL de FERROL |
A CORUÑA |
FERROL |
-20 |
-12 |
IES Fin do Camiño |
A CORUÑA |
Fisterra |
0 |
-1 |
CPI Cabo da Area |
A CORUÑA |
Laxe |
-1 |
-1 |
IES de Melide |
A CORUÑA |
Melide |
-6 |
-9 |
IES CAMPO SAN ALBERTO |
A CORUÑA |
NOIA |
-1 |
-2 |
IES Virxe do Mar |
A CORUÑA |
Noia |
-1 |
-4 |
IES MARUXA MALLO |
A CORUÑA |
ORDES |
0 |
-7 |
IES Poeta Añón |
A CORUÑA |
Outes |
0 |
-2 |
IES da Pobra do Caramiñal |
A CORUÑA |
Pobra do Carmiñal |
-5 |
-6 |
IES PORTO DO SON |
A CORUÑA |
PORTO DO SON |
-2 |
-6 |
IES Nº1 DE RIBEIRA |
A CORUÑA |
Ribeira |
-6 |
-16 |
IES AS FONTIÑAS |
A CORUÑA |
SANTIAGO DE COMPOSTELA |
-1 |
-1 |
IES Arcebispo Xelmírez II |
A CORUÑA |
Santiago de Compostela |
-3 |
-8 |
CPI FONTE DÍAZ |
A CORUÑA |
TOURO |
-1 |
-1 |
IES Fontem Albei |
Lugo |
A Fonsagrada |
-4 |
-5 |
IES ENRIQUE MURUAIS |
Lugo |
A PONTENOVA |
-2 |
-4 |
IES BECERREÁ |
Lugo |
BECERREÁ |
-2 |
-2 |
IES MONTE CASTELO |
Lugo |
BURELA |
-3 |
-5 |
IES PERDOURO |
Lugo |
Burela |
-2 |
-7 |
IES DA TERRA CHÁ "JOSÉ TRAPERO PARDO" |
Lugo |
CASTRO DE REI |
-2 |
-4 |
CPI de Castro verde |
Lugo |
Castroverde |
-2 |
-2 |
IES MARQUES DE SARGADELOS |
Lugo |
CERVO |
-1 |
-3 |
IES Lama das Quendas |
Lugo |
Chantada |
-3 |
-7 |
CPI Virxe do Monte |
Lugo |
COSPEITO |
-1 |
-3 |
CPI Pl Tino Grandío |
Lugo |
Guntín |
-1 |
-2 |
IES Leiras Pulpeiro |
Lugo |
Lugo |
0 |
-4 |
IES LUCUS AUGUSTI |
Lugo |
Lugo |
-6 |
-20 |
IES Río Cabe |
Lugo |
Lugo |
-2 |
-4 |
IES Xoán Montes |
Lugo |
Lugo |
-6 |
-11 |
IES Pedregal de irimia |
Lugo |
Meira |
-1 |
-4 |
Ies San Rosendo |
Lugo |
Mondoñedo |
-4 |
-5 |
IES de Monterroso |
Lugo |
Monterroso |
-6 |
-6 |
IES do CAMIÑO |
Lugo |
Palas de Rei |
0 |
-1 |
IES de Quiroga |
Lugo |
Quiroga |
-1 |
-1 |
IES GREGORIO FERNÁNDEZ |
Lugo |
SARRIA |
-4 |
-4 |
IES LOIS PEÑA NOVO |
Lugo |
VILALBA |
-2 |
-2 |
IES María Sarmiento |
Lugo |
Viveiro |
0 |
-3 |
IES SECCIÓN DE SOBRADELO-CARBALLEDA |
Ourense |
CARBALLEDA DE VALDEORRAS |
0 |
0 |
IES Nº1 |
OURENSE |
O Carballiño |
1 |
-1 |
IES MANUEL CHAMOSO LAMAS |
Ourense |
O CARBALLIÑO |
3 |
1 |
IES XESÚS FERRO COUSELO |
Ourense |
OURENSE |
3 |
0 |
IES EDUARDO BLANCO AMOR |
Ourense |
OURENSE |
5 |
-5 |
IES CASTRO DE BARONCELI |
Ourense |
VERÍN |
2 |
2 |
IES XESÚS TABOADA CHIVITE |
Ourense |
VERÍN |
-1 |
-4 |
IES GARCÍA-BARBÓN |
Ourense |
VERÍN |
0 |
-1 |
IES CARLOS CASARES |
Ourense |
VIANA DO BOLO |
-2 |
-2 |
IES DE VILAMARÍN |
Ourense |
VILAMARÍN |
2 |
0 |
IES LAGOA DE ANTELA |
Ourense |
XINZO DE LIMIA |
-1 |
-1 |
IES MANUEL GARCÍA BARROS |
Pontevedra |
A ESTRADA |
-5 |
-5 |
IES Nº 1 A ESTRADA |
Pontevedra |
A Estrada |
-1 |
-1 |
IES A sangriña |
Pontevedra |
A Guarda |
-5 |
-8 |
IES Pazo da Mercé |
Pontevedra |
As Neves |
-6 |
-7 |
IES Illa de Ons |
pontevedra |
Bueu |
0 |
-1 |
IES Aquis Celenis |
Pontevedra |
Caldas de Reis |
-4 |
-5 |
IES RAMÓN CABANILLAS |
Pontevedra |
Cambados |
0 |
-3 |
IES DE RODEIRA |
Pontevedra |
CANGAS |
-6 |
-9 |
IES María Soliño |
Pontevedra |
Cangas |
-5 |
-7 |
IES Monte Carrasco |
Pontevedra |
Cangas |
0 |
-2 |
IES Rodeira |
Pontevedra |
Cangas |
-6 |
-8 |
IES Chano Piñeiro |
Pontevedra |
Forcarei |
-2 |
-2 |
IES Auga da Laxe |
Pontevedra |
Gondomar |
-4 |
-5 |
IES TERRA DE TURONIO |
Pontevedra |
GONDOMAR |
-1 |
-6 |
IES Illa de Arousa |
Pontevedra |
Illa de Arousa |
-3 |
-7 |
IES Ramón Mª Aller Ulloa |
Pontevedra |
Lalín |
2 |
0 |
IES ILLA DE TAMBO |
Pontevedra |
Marín |
0 |
-2 |
IES MONTE DA VILA |
Pontevedra |
O GROVE |
-2 |
-4 |
CPI Manuel Suárez Marquier |
Pontevedra |
O Rosal |
-4 |
-4 |
IES PEDRA DA AUGA |
Pontevedra |
PONTEAREAS |
-1 |
-2 |
IES Xunqueira 1 |
Pontevedra |
Pontevedra |
-4 |
-9 |
IES Illa de San Simón |
Pontevedra |
Redondela |
-3 |
-3 |
Cpi julia becerra malvar |
Pontevedra |
Ribadumia |
-3 |
-4 |
IES VILALONGA |
Pontevedra |
SANXENXO |
0 |
-3 |
IES de Soutomaior |
Pontevedra |
Soutomaior |
2 |
-6 |
IES de Valga |
Pontevedra |
Valga |
0 |
-1 |
IES CARLOS CASARES |
Pontevedra |
Vigo |
0 |
-9 |
IES Rosais 2 |
Pontevedra |
Vigo |
-2 |
-5 |
IES SAN TOME DE FREIXEIRO |
Pontevedra |
VIGO |
-1 |
-12 |
IES SANTA IRENE |
Pontevedra |
Vigo |
-4 |
-9 |
CPI DO TOURAL |
Pontevedra |
VILABOA |
-3 |
-4 |
IES Armando Cotarelo Valledor |
Pontevedra |
Vilagarcía de Arousa |
-4 |
-6 |
IES FERMIN BOUZA BREY |
Pontevedra |
Vilagarcía de Arousa |
-2 |
-14 |
IES A Basella |
Pontevedra |
Vilanova de Arousa |
-1 |
-3 |
|
|
|
-189 |
-435 |
A cifras non admiten dúbidas: o recorte de profesorado, se a Consellaría non rectifica, será enorme en secundaria e as condicións nas que se traballará nos IES e nos CPI van ser moito peores. A máxima pronunciada polo conselleiro de Educación cando se refería ao peche de aulas en Infantil e Primaria (“faremos o que teñamos que facer”) é xa a marca do actual equipo da Consellaría á hora de afrontar a xestión do sistema educativo galego: recortar o que faga falta para que lle cadren as contas que lle fixa Feijóo.
A CIG-Ensino alerta, tamén, das repercusións destas medidas sobre o persoal interino e substituto, que se verá reducido no curso que entra cun único colchón, o maior ou menor número de xubilacións do profesorado.
Temos que reaccionar!
Desde o sindicato facemos un chamamento a todos os sectores implicados na defensa do ensino público para redobrar esforzos na loita contra quen, desde a Xunta, pretende agravar aínda máis as carencias dun sistema educativo habitualmente relegado polo PP desde as institucións.
Tamén animamos ás persoas que integran os equipos directivos a que, como aconteceu no comezo do curso 2020/21, tomen parte na resposta con todas as consecuencias, mesmo presentado a dimisión en bloque se non se produce unha rectificación no plan trazado pola Consellaría de Educación para liquidar os actuais cadros de persoal.
A CIG-Ensino non cesará en denunciar todas as agresións ao ensino público e promoverá mobilizacións a comezos de setembro se non se producen os cambios que non só o sindicato senón toda a comunidade educativa demandan.