A vila de Verín festexa o Correlingua 2021
Os John Deeres actuaron na festa do galego para desfrute dos asistentes
O Auditorio de Verín será o espazo no que se celebrará a festa do Correlingua na cidade do Támega, unha festa que, como en anos anteriores, une humor e lingua tendo en conta as particulares condicións desde a aparición da pandemia. A festa terá como protagonistas a Os John Deeres, finalistas do Cantalingua deste ano. A banda será presentada por Fran Rei.
Ademais do saúda da concelleira de Educación e Cultura do Concello de Verín, Emilia Somoza, no auditorio estará presente alumnado e profesorado dos CEIP Princesa de España e do Amaro Refojo, que sumarán arredor de 200 rapaces e rapazas polo sistema de aula burbulla para garantir as medidas sanitarias.
Ademais do alumnado que asistiu en directo, os concertos poden ser seguidos en diferido desde a canle de You Tube.
"Se non desfrutaches da retransmisión en vivo podes visionar a festa en diferido cando queiras"
PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA
Lembra que a seguinte cita do Correlingua será en Foz o 23 de novembro ás 12:00 horas no Pavillón municipal Torques de Marzán. Será a festa grande provincial e de peche do Correlingua 2021. Actuarán Cozorellos Salvaxes e Monoulious DOP (3º premio en Catanlingua). A emisión será emitida en directo pola canle de You Tube.