A Unidade de Atención a Centros (UAC) da Consellaría de Educación non atende as chamadas telefónicas
Segundo nos comunican de diversos centros educativos fano por instrucións da propia Consellaría para atender a outras necesidades
A finais de cada curso, nos centros educativos, os trámites administrativos con prazos fixados de entrega de documentación multiplícanse: actas de avaliación, envío de documentación variada en soporte electrónico (Plambe, Club de Lectura, Normalización,…) co que calquera mínima incidencia como falta de conexión a internet, fallos técnicos no xade, ... xera enormes complicacións aos equipos directivos e ao profesorado en xeral, máis aínda se desde o servizo de atención que presta a Consellaría non funciona como tal.
Non é admisible que a Consellaría non preste un servizo fundamental como este por falta de persoal e mesmamente dando instrucións de non atender telefonicamente as chamadas.
Desde a CIG Ensino demandamos da Consellaría dote á UAC do persoal necesario para atender de forma correcta aos centros en todo momento.