
A puntuación polos servizos prestados como funcionario/a en prácticas e interino/a, poderá ser alegada nos Concursos de traslados
Información da Mesa Sectorial para tratar as orde do concurso xeral de traslados, de orientación e o decreto de convivencia
A Consellaría de Educación anunciou hoxe na Mesa Sectorial en que se trataban o Concurso Xeral de Traslados e os específicos de Orientación e Educación Permanente de Adultos que vai recoñecer a antigüidade e os traballos desenvolvidos na situación de Funcionario en prácticas e interino de acordo coa doutrina do Tribunal europeo e en concordancia coa recomendación deste Tribunal, a fin de evitar futuras inseguridades xurídicas. Previsibelmente para o curso que vén esta medida sexa recollida no concurso a nivel de Estado. É evidente que non se pode discriminar a ningún traballador/ra pola da súa relación contractual coa Administración, cuestión que veu reclamando a CIG-Ensino.
Esta medida significa que as coordinacións, xefaturas e outros cargos realizados durante a situación administrativa de funcionario en prácticas e interino ou interina poderán ser puntuados nestes concursos.
A CIG-Ensino na Mesa de hoxe volveu reivindicar, en coherencia co anterior, que tamén se recoñeza a puntuación pola substitución de cargos, é dicir, que se lle recoñeza ao profesorado que exerce un cargo de dirección dun centro, ou a xefatura dun departamento ou outras funcións ou responsabilidades, por exemplo, cando o titular se encontra de baixa médica.
Na negociación das convocatorias dos Concursos de Traslados, Orientación e Educación de Adultos celebrado esta mañá, a Consellaría aceptou as seguintes propostas da CIG-Ensino:
- Permitir a participación por dereito preferente nos concursos de Orietación e Educación Permanente de Adultos do profesorado suprimido e desprazado que reúna os requisitos necesarios.
- Que se valore a coordinación de actividades extraescolares
A Consellaría, a instancias da CIG-Ensino, manifestou que estudaría como valorar as publicacións realizadas no estranxeiro, que neste momento non se teñen en conta.
CIG Informa coa información da mesa sobre os concursos: Ligazón
CIG Informa coa información da mesa sobre os varios: Ligazón
Orde do día:
1. Aprobación, se procede, das actas das sesións celebradas os días 23 de maio e 13 e 20 de xuño.
2. Concurso de traslados xeral. Ligazón ao borrador da orde.
3. Concurso de educación e promoción de adultos. Ligazón ao borrador da orde que inclúe o Anexo I coas vacantes ofertadas.
4. Concurso de traslados xefatura de orientación. Ligazón borrador
- Anexo coas vacantes de orientación. Ligazón
- Anexo coas resultas de orientación. Ligazón
Fica pendente para outra Mesa Sectorial o debate do:
Anteproxecto de Decreto de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar. Ligazón ao borrador