
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizará actos públicos contra a LOMCE este xoves 13 en vilas e cidades
Desenvolveranse entre as 19 h e as 20 horas e contarán con actuacións musicais e lectura de textos
Para a organización destes actos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público contactou con diferentes persoas que participarán nos mesmos, lendo un parágrafo do manifesto, contribuíndo coa actuación musical ou recitando poemas en contra a LOMCE. Nos actos tamén participarán representantes das organizacións que forman parte da Plataforma e do tecido asociativo e cultural das diferentes comarcas.
ACTOS CONVOCADOS POLA PLATAFORMA
19h.
- Pontevedra: Praza da Peregrina..
- Vilagarcía: Praza de Galiza.
- A Coruña: CEIP Curros Enríquez, Campo de Marte.
- Santiago: Praza do Toural.
- Cee Praza 8 de Marzo.
- Carballo Praza do Concello.
19.30 h.
- Ourense: Xardíns Pai Feijoo, 19 horas.
- Lugo: Ronda da Muralla, Edificio administrativo da Xunta.
20 h.
- Vigo: Rúa do Príncipe, diante do MARCO, 20 h.
20:30 h.
- Vila de Cruces. Auditorio de Merza.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público contará no acto da Coruña coa participación dos Tres Trebóns, Mini e Mero, Mercedes Queixas, Miguel Mato, Isabel Risco, Camilo Pardo e Moncho do Orzán. En Santiago, por exemplo, estará o cantautor Roberto Sobrado, Teresa Moure, Suso de Toro, Rafa Vilar e o triatleta Antón Ruanova, e tamén haberá animación con gaiteiros. En Lugo participarán Marica Campos, Adolfo de Abel Vilela, o Grupo Doxa de Filosofía, o coro Antilomce lugués, clarinetistas CMUS e anexos, Ailalelos Trio e un duo de violíns.
Na lectura de textos en Vigo participarán Pepe Carreiro , Agustín Fernández Paz, Francisco Castro e Marta Dacosta. O acto estará amenizado por membros dos grupos Quempallou e Zurrumalla. En Pontevedra contarán con Laura e Marina Quintillán e membros de Maraballada. En Carballo estará o grupo de música MalaVida e farase un recital poético a cargo de Paco Souto e en Cee estará o grupo "Peta forte", da escola de música de Cee, o grupo de gaitas de Sardiñeiro e o recital poético correrá a cargo de Serxio Iglesias, Xaime Trillo, Suso Vaamonde, Mónica Góñez e David Creus. Tamén haberá textos de creación propia do alumnado. Ao acto de Ourense sumaranse o grupo Terra Morena e os escritores Xosé Manuel Cid e Isaac Alonso Estraviz.