A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou as diferentes accións que integrarán a campaña contra as reválidas
Teñen como co obxectivo de que as familias non envíen os seus fillos ou fillas e facer inviábeis as probas.
Detallamos a seguir as accións
previstas pola Plataforma:
- Aprobacións nos claustros e consellos escolares de resolucións contra as reválidas para o seu envío á Consellaría.
MODELO DE RESOLUCIÓN PARA OS CLAUSTROS
MODELO DE RESOLUCIÓN PARA OS CONSELLOS ESCOLARES
- Colocación de pancartas ou cartaces nos centros no lema “Nin LOMCE nin reválidas”.
- Concentracións o 4 de maio pola tarde nas seguintes vilas e cidades:
Santiago (Praza Roxa ás 18:30 horas)
A Coruña (Obelisco ás 19 horas)
Lugo (diante do edificio sindical
Ronda da Muralla ás 19 horas)
Vigo (na Farola de Urzaiz ás
19:30 horas)
Carballo (Praza do Concello ás 20 horas)
Ferrol (Praza de Amada García ás 20
horas)
Pontevedra (Praza da Peregrina ás 20
horas)
Vilagarcía (Praza de Galiza ás 20 horas)
Ourense (Xardíns Padre Feixoo de
Ourense ás 20 horas)
Cee (diante do CEIP Eugenio
López ás 20 horas)
- Concentracións o 9 de maio durante o recreo nos centros escolares
- Concentración diante da Consellaría de Educación o 11 de maio, data na que se inician as probas.
Ademais a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público distribuirá tamén entre as familias un modelo de escrito, dirixido ás direccións dos centros, para amosar o seu rexeitamento ás probas.
MODELO DE ESCRITO PARA AS FAMILIAS
Na rolda de prensa Anxo Louzao, en representación da PGDEG explicou que “observamos con moita preocupación a posición da Consellaría de Educación que segue obstinada en seguir adiante con estas probas cando un número importante de comunidades autónomas xa anunciaron que non as van facer”. Louzao lembrou que estas probas emanan da LOMCE e que o Congreso dos Deputados xa aprobou unha iniciativa para paralizar a súa aplicación, tal e como lle demandou no seu día a Plataforma aos grupos parlamentarios.
Para a Plataforma estas probas son unha aberración desde o punto de vista pedagóxico que non teñen en consideración a avaliación continua “que desprezan, o traballo do profesorado, que é quen mellor pode avaliar alumnado, que someten aos rapaces e rapazas a un calvario e a unha presión innecesaria, co obxectivo de estandarizar e uniformar o sistema educativo e de crear un ranking de centros”, explicou Louzao.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público reafirmou a súa intención de combater desde o principio as probas, xa que van ser determinantes para a continuidade nos estudos, parten da desconfianza do profesorado e suporán un obstáculo máis para as clases desfavorecidas. Por todo isto a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fai un chamamento a todas as familias para que as pretensións da Consellaría de Educación sexan un verdadeiro fracaso.
CIG INFORMA NIN LOMCE NIN REVÁLIDAS
- 20160411 CHAMAMENTO PAIS E NAIS POR MOR DAS REVÁLIDAS.pdf
- 20160412 SINATURA CONSELLO ESCOLAR CONTRA AS REVÁLIDAS DA LOMCE.pdf
- 20160411 SINATURA CLAUSTRO CONTRA AS REVÁLIDAS DA LOMCE .pdf
- CARTAZ NIN LOMCE NIN REVÁLIDAS.pdf
- CARTAZ CONCENTRACIÓNS DIA 4 REVALIDAS.pdf
- CARTAZ CALENDARIO ACCIONS PGDEP REVALIDAS 2016.pdf