
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público péchase este xoves 11 de abril no CIFP Ferrolterra
Recolle o bastón de remuda do peche que se fixo na Coruña no IES Menéndez Pidal
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público estase a mobilizar contra o anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, para amosar o seu total rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática, e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade.
Galería de IMAXES DOS PECHES
PRÓXIMOS PECHES
- 12 de abril A Guarda (IES A Sangriña)
- 15 abril Carballo (IES Alfredo Brañas)
- 15 abril Cangas (IES Rodeira)
- 16 de abril LALIN (CEIP Xesus Golmar)
- 17 abril LUGO (IES As Mercedes)
- 18 abril VERÍN (IES Xesús Taboada Chivite)
- 22 abril Burela (IES Monte Castelo)
- 22 abril OURENSE (Xefatura territorial)
- 23 abril Cambados (IES Ramón Cabanillas)
- 24 abril Ribeira (IES Nº 1)
- 24 abril VIGO (IES San Tomé Vigo)
- 25 abril GONDOMAR (IES Terra de Turonio)
- 26 abril PONTEVEDRA (IES Torrente Ballester)
Outras novas:
O IES Menéndez Pidal da Coruña recolle o bastón de remuda dos peches contra a LOMCE
Os peches contra a LOMCE e os recortes comezan este martes 9 no IES Rosalía de Castro de Santiago