
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha concentración para reclamar a paralización dos currículos da LOMCE
Este xoves 12 de xuño diante da sede do Consello Escolar de Galiza ás 16:30
Desde a Plataforma Galega en defensa do Ensino Público valoramos que a Consellaría está actuando con precipitación e improvisación, para pregarse aos ditados do Goberno central. A Plataforma Galega que demanda que non se aplique a LOMCE en Galiza, considera que nas datas actuais só cabe o adiamento destes proxectos de decreto, pois moi dificilmente van estar preparados para seren utilizados polo profesorado no inicio do curso, momento en que teñen que elaborar as programacións.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG, CIG-Ensino, Comités, Liga Estudantil Galega, Federación Provincial de ANPA de Lugo (FAPACEL), Federación de ANPA de Compostela, Federación de ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS), Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Agir, Sindicato de Estudantes, BNG, Galiza Nova e a Federación de ANPA de Ponteareas (FANPO).