A PGDEP apoia a convocatoria de folga do estudantado e chama a participar nas 23 mobilizacións

Convocadas para mañá 16 de febreiro

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público apoia a folga convocada para maña xoves día 16 de febreiro polo estudantado contra a LOMCE, a implantación do decreto 3+2 na universidade, os recortes no ensino público, e en demanda dunha Lei Galega de Educación. No decurso desa xornada están convocadas 23 mobilizacións nas sete cidades e en numerosas vilas galegas ás 12:00 horas por ERGUER e ás 19:00 h pola PGDEP.

Mobilizacións convocadas para mañá  

 Pola mañá manifestacións ás 12 horas:

-       A Coruña Praza de Vigo

-       Ferrol Diante do Edificio da Xunta

-       Compostela Alameda

-       Melide Diante do IES de Melide

-       Ribeira Diante do IES nº1

-       Pontevedra Praza da Peregrina

-       Vigo Praza América

-       Ourense Diante da Subdelegación do Goberno

-       Lugo Praza do Seminario

-       Tamén haberá concentracións en Boiro, Vilagarcia, Caldas,

-       Moaña, Cangas, O Barco e Ponteareas.

 

Pola tarde concentracións ás 19:00 horas:

-       Vigo   Diante do Marco (Rúa do Príncipe)         

-       Pontevedra   Praza da Peregrina        

-       Compostela   Praza Roxa         

-       Lugo  Diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

-       A Coruña   Praza de Pontevedra (diante do IES Eusebio da Guarda)

-       Ferrol    Praza de Amada García (diante do edificio da Xunta)       

-       Ourense  Xardíns do Padre Feixoo

-       Cangas Praza do Concello

 

ás 19:30 horas

-       Cee  Praza 8 de Marzo

-       Carballo Praza do Concello

-       Vilagarcía Praza de Galiza

 

Volver