A festa do Galego chega á Estrada da man do Correlingua 2022

Isabel Risco presenta na Praza do Concello o festexo na defensa do noso idioma

A festa do Correlingua contou coa actuación do grupo Mekánika Rolling Band ás doce da mañá, onde Isabel Risco tamén fixo a lectura do manifesto.

Os centros educativos participantes foron o CEIP Cabada Vázquez, o CEIP Manuel Villar Paramá, o CEIP do Foxo, o CEIP Figueroa, o CEIP Pérez Viondi, o CEIP de Oca, o IES Nº 1, o IES Antón Losada Diéguez, o IES Chano Piñeiro e o IES Pintor Colmeiro. En total o encontro reuniu aproximadamente 600 alumnas e alumnos, que antes do saúdo de Isabel Risco, fixeron un recorrido a pé acompañados polos seus docentes e membros da organización do Correlingua.

PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA

O mércores 18 de maio ás 12:00 no Auditorio Municipal de Carballo. Actuará Mekánika Rolling Band e o acto será presentado por Fran Rei.

Volver