A empresa contratada pola Consellaría de Educación para a xestión dos libros de texto obriga ao profesorado a falar en español
Normalización lingüística
A empresa contratada pola Consellaría de Educación para a xestión dos libros de texto obriga ao profesorado a falar en español
Ademais, os centros educativos denuncian que a empresa non lles permite deixar tramitado o traballo de cara a setembro, o que vai redundar negativamente na tramitación da prestación, pois os centros contarán cun tempo menor para a realización do trámite, ademais de que vai coincidir coa posta en marcha do vindeiro curso, o que vai dificultar un e outro traballo.
A CIG-Ensino xa denunciou no seu día o malestar existente nos centros educativos perante a información emitida pola Consellaría de Educación respecto á xestión do programa de gratuidade de libros, pois en ningún caso a empresa lles sacou traballo e os centro teñen que responsabilizarse de todos os trámites burocráticos (información ás familias sobre o procedemento de adquisición dos libros, expedición das autorizacións de compra, clasificación e entrega dos libros, cálculo de reposicións, etc.), incremento que se viu sumar a novas xestións burocráticas para os centros neste curso, como foi a xestión do Fondo de Acción Social.
Este exceso de traballo burocrático non viu acompañado de ningún tipo de apoio por parte da Consellaría, e fixo aínda máis urxente a necesidade de dotar con persoal administrativo os centros de Infantil e Primaria, que agás algunha excepción non teñen este tipo de persoal, e o seu incremento nos centros de Secundaria.
A CIG-Ensino exixe á Consellaría de Educación que obrigue á empresa contratada para a “xestión” dos libros de texto a respectar o dereito ao uso do noso idioma polos centros. Ao mesmo tempo que continuamos reclamando a dotación de persoal administrativo nos centros de Infantil e Primaria e o seu incremento nos centros de Secundaria.