A crise provocada polos expeculadores non a imos pagar os traballadores

Alternativas á crise

A crise financeira internacional, iniciada nos EEUU como consecuencia do “crack” das hipotecas “subprime”, axiña se trasladou a toda a economía provocando o peche de numerosas empresas e o espectacular incremento do desemprego. Hoxe pretendese avalar nesa crise os recortes nas prestacións sociais, dereitos laborais e mesmo comezan a ir a polas pensións de xubilación. Fronte a isto hai outras alternativas coas que enfrontar a crise de xeito eficiente e desde unha perspectiva social e de futuro. Non podemos aceptar que as receitas que propoñen para resolver a crise sexan as mesmas que a provocaron, co gravame que se fai pagar as consecuencias a quen non se beneficiou dos "pelotazos" e quen está en situación máis precaria: os traballadores

Ligazón

Volver