
A Consellaría segue sen pagarlle os cinco primeiros meses de curso ao persoal colaborador dos comedores
A CIG-Ensino esíxelle a Educación que lle pague a este persoal que xa cobra unha cantidades insignificantes
A día de hoxe a Consellaría unicamente ingresou o pago para gastos de funcionamento para os comedores pero segue sen pagarlle os seu traballo ao persoal colaborador
A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría de Educación que faga inmediatamente o pago ao persoal colaborador que traballa nos comedores centros. Hai que ter en conta que as cantidades que cobran xa son de por si insignificantes. A CIG-Ensino demanda que se tomen as medidas necesarias para que a este persoal se lle abone a cantidade correspondente todos os meses.
Esta é unha mostra máis da política da Consellaría de Educación de recortes permanentes, de redución e empeoramento dos servizos complementarios e de desconsideración cos seu persoal.