A Consellaría segue sen ingresar o diñeiro correspondente ao gasto dos comedores escolares do primeiro trimestre
A CIG-Ensino esíxelle a Educación o que faga inmediatamente o ingreso aos centros que prestan este servizo
Cabe sinalar que este é un problema que xa xurdiu en cursos anteriores e que en lugar de quedar solucionado agrávase. Aínda así o curso pasado o pago fíxose no mes de novembro.
Á Consellería non lle chega con incrementar os prezos de maneira desorbitada polo uso do comedor e reducir o número de comensais con dereito á gratuidade, senón que tamén amosa unha desidia absoluta en relación ao seu funcionamento.
A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría de Educación o que faga inmediatamente o ingreso económico aos centros que prestan servizo de comedor escolar, xa que parte deles están debendo cartos aos provedores e outros, se nesta semana non se lles ingresa, estarán en números “roxos”. A CIG-Ensino demanda que se tomen as medidas necesarios para que os pagos se fagan co inicio do curso.
Esta é unha mostra máis da política da Consellaría de Educación de recortes permanentes e de redución e empeoramento dos servizos complementarios, básicos nun momento de crise como o actual para garantir a igualdade de oportunidades e a gratuidade da educación en Galiza.
Novas relacionadas