A Consellaría opta por prorrogar un curso máis os actuais mandatos das direccións

O prazo para facer alegacións será ata o martes 19 de maio e podedes envialas a galiza@cig-ensino.gal

Como xa avanzara na Mesa Sectorial, a Consellaría finalmente opta por manter nos cargos ás actuais direccións. Enviou ás sindicatos con representación na Mesa o borrador da orde dando un prazo de alegacións até o martes 19.

A CIG-Ensino vai alegar o borrador no sentido de que se prime a voluntariedade dos actuais compañeiros e compañeiras neses cargos, sen que sexa decisión das xefaturas territoriais a aceptación da renuncia, especialmente nos casos nos que se obtivo destino no concurso de traslados ou xa se tiña outro destino previamente.

Consulta o borrador PDF

Se queres facernos chegar algunha proposta podes enviala ao correo: galiza@cig-ensino.gal

Volver