A Consellaría non cobre as baixas do profesorado desde o día 15 de marzo, sen ter en conta o prexuízo que esta medida causa aos alumnos, ao profesorado e aos centros de ensino en xeral

Deixan alumnado sen profesorado

A CIG-Ensino denuncia o prexuízo que se lle está a causar ao alumnado, ao profesorado e ao ensino en xeral pola decisión da Consellaría de Educación de deixar de cubrir as baixas diante da proximidade das vacacións de “Semana Santa”.

En Secundaria, deixáronse de cubrir estas prazas vacantes por baixa, desde o 15 de marzo, dándose o caso de o alumnado estar unha quincena sen profesor. En Primaria, nalgunhas especialidades como Educación Física tamén se dá o mesmo o caso e, en xeral, esta semana deixaron de cubrir todas as prazas.

Esta situación que se repite cada vez máis, ao achegárense os diferentes períodos vacacionais, agrávase ao ampliar, a Consellaría de Educación, o tempo no que deixan de cubrir vacantes, causando graves prexuízos á organización dos centros e á calidade do ensino.

Estas medidas de recorte de servizos só se poden entender desde a perspectiva de redución de custes no ensino público que contrasta fondamente co malgasto de inxentes cantidades inxentes de diñeiro que a Consellaría vén empregando na súa campaña contra o galego ou no incremento de subvencións ao ensino privado.

A CIG-Ensino vai presentar na vindeira Mesa Sectorial a máis enérxica repulsa a este reiterado comportamento de irresponsabilidade da Consellaría de Educación.

Volver