
A Consellaría fai público na súa páxina web un novo borrador do decreto de comisións de servizo
Esta publicación inclúe a modificación do decreto 140/2006 no senso de que as/os suprimidas/os ao chegar a un novo centro manteñen a súa antigüidade a "todos os efectos"
A Consellaría de Educación volve facer gala do seu talante "dialogante" e colga na súa páxina web un novo borrador do decreto de comisións de servizo que inclúe a modificacion do decreto 140/2006, polo cal os suprimidos ao chegar a un novo centro terían a súa antigüidade "a todos os efectos".
Podedes ver o novo borrador na seguinte ligazón
Podedes ver tamén as achegas que lle fixemos desde a CIG Ensino ao primeiro borrador: ligazón
O primeiro borrador podelo consultar na seguinte ligazón