A Consellaría de Educación trata de ocultar as súas intencións ao respecto dos criterios para o agrupamento de alumnado nos centros de infantil e primaria

Agrupamento alumnado Infantil e Primaria

Estando convocada unha mesa sectorial para o xoves 18 de xuño na que se ía tratar, como primeiro punto da orde do día, os criterios para o agrupamento do alumnado nos centros de infantil e primaria, a Consellaría envía un correo electrónico o día anterior, mércores 17, ás 15:00 horas para anular ese punto da orde do día.

NOTA DE PRENSA

A Consellaría de Educación trata de ocultar as súas intencións ao respecto dos criterios para o agrupamento de alumnado nos centros de infantil e primaria
Estando convocada unha mesa sectorial para o xoves 18 de xuño na que se ía tratar, como primeiro punto da orde do día, os criterios para o agrupamento do alumnado nos centros de infantil e primaria, a Consellaría envía un correo electrónico o día anterior, mércores 17, ás 15:00 horas para anular ese punto da orde do día.
Estamos ante unha estratexia, por parte da Consellaría, de adiar a negociación para que xa estea rematado o período lectivo nos centros. Esta estratexia responde ao rexeitamento que provocou, na comunidade educativa, a circular que a Dirección Xeral de Centros e RR.HH. enviara ás inspeccións. O que pretende a Consellaría é impoñer uns criterios restritivos e retrasar a negociación, incumprindo os prazos previstos e dificultando a mobilización do profesorado.
Desde a CIG-Ensino denunciamos esta actitude por parte da Consellaría e demandamos que os criterios de agrupamentos deben ter sempre carácter excepcional. Para a CIG-Ensino é fundamental ter en conta a opinión do centro, a localización xeográfica dos centros, criterios pedagóxicos (alumnado con Necesidades Educativas de apoio específico, computar os repetidores e repetidoras,…) así como negociar centro a centro na Xunta de Persoal, contemplar agrupamentos flexíbeis en determinadas materias, …
Tendo en conta todo o anterior, para a CIG-Ensino poderían realizarse agrupamentos sempre que:
-          Infantil: no caso de agrupamentos non superar en ningún caso os 10 alumnos/as.
-          En Primaria dentro do mesmo ciclo, non se superasen os 12 alumnos/as.
-          En Primaria, cando se considere o agrupamento entre ciclos, non se poderán superar os 8 alumnos/as.
 
Santiago, 17 de xuño de 2009
Secretaría de Prensa de CIG-Ensino

Volver