A Consellaría de Educación segue atacando o ensino público non pagando os gastos correntes dos comedores escolares do segundo trimestre

COMEDORES ESCOLARES

Á Consellaría non lle chega con anunciar o peche dun grande número de comedores do rural galego, senón que ademais non paga os gastos correntes de todos os comedores escolares. A día de hoxe, 12 de abril, a Consellaría de Educación non efectuou os pagos de gastos correntes dos comedores escolares do segundo trimestre, o que supón que os centros que non teñan remanentes comezan a ter problemas cos provedores por falta de pagos.
A Consellaría de Educación segue atacando o ensino público non pagando os gastos correntes dos comedores escolares do segundo trimestre
 
 
Á Consellaría non lle chega con anunciar o peche dun grande número de comedores do rural galego, senón que ademais non paga os gastos correntes de todos os comedores escolares.
 
A día de hoxe, 12 de abril, a Consellaría de Educación non efectuou os pagos de gastos correntes dos comedores escolares do segundo trimestre, o que supón que os centros que non teñan remanentes comezan a ter problemas cos provedores por falta de pagos.
 
Como resposta, algúns centros comezan a tomar medidas como é a de substituír, en determinados días, a comida por bocadillos. A situación é tan grave que algúns centros ameazan con suspender o servizo de comedor.
 
Desde a CIG Ensino, entendemos que esta situación é insostíbel por parte dos centros, e non fai máis que seguir atacando o ensino público, o que parece ser un obxectivo do actual goberno galego.

Outras informacións sobre os recortes e peches da Consellaría que afectan aos comedores:

- Concentración o 9 de abril contra o desmantelamento do servizo público de comedores escolares e a destrución de emprego

- Educación pecha comedores escolares e con elo 71 postos de traballo

Volver