A Consellaría de Educación pretende continuar liquidando a xornada reducida de xuño e setembro nos centros docentes de Infantil e Primaria

Xornada Reducida Xuño e Setembro (Nota de Prensa)

A Consellaría de Educación remitiunos, hoxe, 12 de maio, o borrador de calendario escolar previsto para o curso 2008-2009 que se vai tratar na Mesa Sectorial do próximo xoves, día 15 de maio. Para a CIG-Ensino, é inadmisíbel que, despois da conflitividade xerada o ano pasado pola liquidación da xornada reducida dos meses de xuño e setembro nos centros de Infantil e Primaria, a Consellaría non rectifique restituíndo a xornada reducida que, agás o curso pasado, veu funcionando sempre con total normalidade. Modelo de xornada instaurada na práctica totalidade das administracións educativas do Estado Español.

Ligazón

Volver