
A Consellaría de Educación non está a cubrir as baixas do profesorado, pola proximidade ao Entroido
Baixas sen cubrir
A estas baixas habería que sumar todas as baixas de menos de 15 días nas que a administración ten por costume borralas dos listados sen cubrilas.
A CIG-Ensino quere denunciar que están a prevalecer os criterios económicos por riba dos educativos na política educativa da Consellaría de Educación. O alumnado ve interrompido, días ou semanas, o dereito a recibir a educación que lle corresponde.
Para a CIG-Ensino, parécenos inadmisíbel que se antepoñan criterios económicos ao dereito do alumnado a recibir aulas todos os días lectivos, así como aos profesores que están nas listas de interinidades a poder traballar cando se produce unha vacante, polo que exiximos que a Consellaría nomee inmediatamente os/as substitutos/as que sexan necesarios.