A Consellaría de Educación mente ao negar a supresión de 53 vacantes do Concurso de Traslados de Mestres

Eliminación vacantes do Concurso de Mestres

A Consellaría de Educación contestou, a través da súa web, á denuncia da CIG-ENSINO sobre a supresión de 53 vacantes definitivas do Concurso de Traslados de Mestres. No DOG do 13 de maio do 2009 fíxose pública a relación de vacantes definitivas do Concurso Xeral de Traslados de Mestres, e onte, 4 de xuño, faise unha corrección desas vacantes na que desaparecen 53 vacantes que viñan recollidas no anterior DOG. Non se entende tal negativa da Consellaría dunha cuestión tan evidente, e que pode ser comprobada sen máis que facer unha comparativa entre ambas resolucións.

Ligazón

Volver