A Consellaría de Educación está a provocar a paralización dos centros educativos.

Retraso da Consellaría no pagamento aos centros públicos

O pasado 8 de marzo a CIG-Ensino denunciou que os centros educativos aínda non recibiran o orzamento para este ano, nin sabían canto lles correspondía. A piques de rematar o segundo trimestre e cando xa está mediado o mes de marzo, os centros escolares non só non recibiron o orzamento correspondente para este ano, senón que mesmo descoñecen que cantidade lles corresponde. Despois da nosa denuncia da que se fixeron eco os medios de comunicación e algunhas organizacións sindicais, a CIG-Ensino esíxelle á Consellaría unha rápida actuación para solventar os problemas que a súa propia ineptitude provoca.

A consellaría de Educación está a provocar a paralización dos centros educativos

A CIG-Ensino denunciou o pasado 8 de marzo que os centros educativos non recibiran o orzamento para este ano, e que a día de hoxe non saben aínda canto lles corresponde.

O pasado 8 de marzo a CIG-Ensino denunciou que os centros educativos aínda non recibiran o orzamento para este ano, nin sabían canto lles correspondía. A piques de rematar o segundo trimestre e cando xa está mediado o mes de marzo, os centros escolares non só non recibiron o orzamento correspondente para este ano, senón que mesmo descoñecen que cantidade lles corresponde. Despois da nosa denuncia, da que se fixeron eco os medios de comunicación e algunhas organizacións sindicais, a CIG-Ensino esíxelle á Consellaría unha rápida actuación para solventar os problemas que a súa propia ineptitude provoca.

Esta situación ten paralizados os centros educativos, xa que non contan coa liquidez necesaria para facer fronte aos gastos derivados da actividades docentes ou mesmo para os gastos correntes. Por outro lado, xa non só se trata dun problema de liquidez, senón que tamén é un problema de organización, pois descoñecen a día de hoxe que orzamento lles corresponde, co cal non poden facer a previsión das actividades a desenvolver.

Todo isto agravado pola redución orzamentaria que sufrirán os centros este ano, como consecuencia de recorte aplicado aos gastos dos centros na partida correspondente á Consellaría de Educación.

Mentres tanto, a Consellaría de Educación emprega o diñeiro de todas e todos os galegos en manter os concertos educativos cos centros privados, mesmo con aqueles centros que están a incumprir a lexislación ao segregaren o alumnado por razón de xénero, cuestión que xa foi recorrida pola CIG-Ensino.

Contrasta este retraso na transferencia do diñeiro para facer fronte aos gastos dos centros coa dilixencia en gastalo en levar a cabo medidas contra o noso idioma, desmantelar as galescolas e na propaganda da propia Consellaría.

Volver