A Consellaría de Educación despois da exixencia da CIG Ensino e do colectivo afectado restaura os criterios de elaboración das listaxes de substitutos/a e interinos/as sen servizo na Consellaría

Criterios interinidades

A Consellaría de Educación, despois da exixencia da CIG-Ensino e do propio colectivo afectado, rectifica os criterios de elaboración das listaxes do profesorado substituto e interino que non ten servizos na administración educativa.
A Consellaría de Educación despois da exixencia da CIG Ensino e do colectivo afectado restaura os criterios de elaboración das listaxes de substitutos/a e interinos/as sen servizo na Consellaría de Educación
 
A Consellaría de Educación, despois da exixencia da CIG-Ensino e do propio colectivo afectado, prevé levar á Mesa Sectorial de Ensino non Universitario a rectificación dos criterios de elaboración das listaxes do profesorado substituto e interino que non ten servizos na administración educativa.
 
A Consellaría de Educación como resultado do acordo con outros sindicatos, publicado no DOG o 19 de maio, que a CIG-Ensino non asinou, estabelecía un cambio de criterio para conformar estas listaxes do profesorado que non ten servizos nesta Consellaría.  Este acordo estabelecía como criterio de configuración de futuras listaxes o resultado de oposición e no do concurso-oposición, criterio que sempre se utilizou.
  
A CIG-Ensino congratúlase de que tanto a Consellaría como os sindicatos asinantes se aviñeran a estar dispostos a restaurar o criterio de concurso-oposición para elaborar estas listaxes que foi o que veu funcionando até o de agora.

Volver