A Consellaría de Educación dá instrucións que comportan reducir o profesorado nos centros de educación infantil e primaria e rebaixar a calidade do ensino

A CIG-Ensino oponse aos recortes da calidade do ensino

A Dirección Xeral de Centros e Recurso Humanos da Consellaría de Educación vén de trasladar á inspección educativa, co obxecto de agrupar o alumnado de diferentes cursos nun mesmo grupo, unhas instrucións que repercutirán na calidade do ensino de xeito negativo.
A Consellaría de Educación dá instrucións que comportan reducir o profesorado nos centros de educación infantil e primaria e rebaixar a calidade do ensino
 
A Dirección Xeral de Centros e Recurso Humanos da Consellaría de Educación vén de trasladar á inspección educativa, co obxecto de agrupar o alumnado de diferentes cursos nun mesmo grupo, unhas instrucións cos seguintes criterios:
 
a)    “Na educación infantil, agruparanse nun único grupo os alumnos de distintos curso do mesmo ciclo sempre que o número de alumnos fose inferior ou igual a 20.
b)    Na educación primaria agruparanse nun único grupo os alumnos de distintos cursos do mesmo ciclo sempre que o número de alumnos fose inferior ou igual a 20.
c)    Na educación primaria agruparanse nun único grupo os alumnos de distintos ciclos sempre que o número de alumnos fose inferior ou igual a 15.
 
Ante as ditas instrucións, a CIG-Ensino quere manifestar o seguinte:
 
-       Non deixa de ser grave que unha das primeiras medidas que pretende toma o actual Conselleiro de Educación sexa reagrupar nunha mesma aula alumnado de diferentes cursos e mesmamente ciclos de primaria.
-       Estamos ante unha medida totalmente economicista que o único que pretende é reducir o profesorado dos centros e rebaixar, polo tanto, a calidade do ensino.
-       Trátase dunha circular que nin foi dada a coñecer nin se negociou na Mesa Sectorial, furtando así un dereito que a lexislación actual contempla para os representantes do profesorado.
 
En consecuencia, a CIG-Ensino exixe a retirada desta circular, pois, do contrario veriámonos obrigados a emprender accións legais, ao mesmo tempo que propón medidas de presión aos centros para impedir a súa aplicación.

Descarga aquí o CIG-Informa sobre esta Circular: Ligazón

Descarga aquí o modelo para enviar por fax á Dicrección Xeral de Centros e Recursos Humanos (FAX 981546542) e á CIG-Ensino (FAX 981575839): Ligazón

Escrito presentado a día 20 de maio para a Dirección Xeral de Recursos Humanos pola CIG-Ensino: Ligazón

Comunicado de prensa de CIG-Ensino, CCOO, UGT, ANPE, STEG e CSI-CSIF: Ligazón

Volver