A Consellaría crea un novo procedemento na sede electrónica para actualizar e modificar o expediente persoal docente

O Diario Oficial de Galicia publica este novo procedemento, que estará dispoñíbel na sede electrónica co código ED011A e na web de Datos Persoais

O expediente persoal docente, dispoñíbel na aplicación de Datos Persoais, conterá os datos persoais, profesionais e académicos do profesorado.

Esta nova Orde enumera os diferentes apartados de datos persoais e indica a documentación que habería que presentar para acreditar o que se engada ao expediente. 

Hai que destacar que tamén se regulan os prazos para modificar e actualizar o expediente electrónico:

  • Durante todo o ano, o persoal docente poderá actualizar/modificar unicamente actividades de formación susceptibles de ser recoñecidas e certificadas.
  • No prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados ou concursos específicos, o persoal docente concursante poderá actualizar/modificar calquera categoría de datos do expediente.
  • O persoal docente dependente doutra Administración educativa que obtén praza no concurso xeral de traslados na Comunidade Autónoma de Galicia poderá solicitar a actualización do expediente persoal no prazo extraordinario que se publicará na portal da Consellería, nos cursos académicos en que o concurso xeral de traslados sexa a nivel estatal.

Podes consultar o novo procedemento na sede electrónica nesta Ligazón

Volver