A Consellaría continúa para diante co proxecto de decreto de formación do profesorado, a pesar de non contar co ditame favorable do Consello Escolar de Galiza

Consello Escolar de Galiza

Na orde do día do pleno do Consello Escolar de Galiza do 29 de setembro contemplábase a aprobación do Ditame sobre o proxecto de decreto polo que se regula a planificación, estrutura, organización e funcionamento da formación permanente do profesorado dos centros educativos de Galiza públicos e privados concertados. A discusión do ditame provisorio iniciouse coa presentación das emendas á totalidade, entre elas unha da CIG-Ensino, en que se pedía a retirada do Decreto. As razóns da dita petición eran a ausencia de debate e participación do profesorado na súa elaboración, a involución que representa nas funcións, obxectivos e estrutura da formación do profesorado e a xerarquización e centralización que supón o novo modelo proposto, que mesmo abre a porta á posible privatización. Ao final non houbo ditame por non alcanzar os votos necesarios.

Ligazón

Volver

Novas relacionadas