A Consellaría atende as reclamacións da CIG-Ensino, ampliando en 5 días o prazo para solicitar os recoñecementos médicos e posibilitando que o persoal substituto e o persoal dos CAFI e dos CFR se poida acoller a este dereito

Despois da solicitude e das xestións feitas pola CIG-Ensino a respecto dos recoñecementos médicos

Despois da solicitude e das xestións feitas pola CIG-Ensino a respecto dos recoñecementos médicos, a Consellaría comprometeuse a ampliar o prazo en 5 días máis, posibilitar que o persoal substituto poida acceder aos recoñecementos sempre que teñan 70 días traballados e que estea en activo. Enténdese que os que neste momento non estean en activo nin teñan os 70 días traballados poderán acceder no momento en que cumpran estes requisitos. Así mesmo, o profesorado destinado no CAFI e nos CFR tamén se lle vai abrir a aplicación para que se poidan inscribir.

Volver