A Consellaría asume a reivindicación da CIG-Ensino de que para o cómputo das 12 unidades para a creación do Departamento de Orientación nos centros se inclúan as unidades de infantil

Departamentos de Orientación

Na reunión previa á mesa sectorial de hoxe, a Consellaría asumiu a reivindicación da CIG-Ensino de que para o cómputo das 12 unidades para a creación do Departamento de Orientación nos centros se inclúan as unidades de infantil.
As unidades de Infantil computan para a creación dos Departamentos de Orientación

Na reunión previa á mesa sectorial de hoxe (15-12-08), a Consellaría asumiu a reivindicación da CIG-Ensino de que para o cómputo das 12 unidades para a creación do Departamento de Orientación nos centros se inclúan as unidades de infantil.

Polo tanto a Consellaría tamén asumiu, despois de ser reclamado pola CIG-Ensino que neste concurso de Orientación crearanse e ofertaranse os departamentos de orientación que correspondan aos centros que teñan 12 unidades computadas as de infantil e primaria.

O Concurso Específico de Orientación convocarase a partires do día 8 de xaneiro de 2008, antes desa data comunicarásenos a relación de vacantes.

Por outra banda a Consellaría aclarou que no baremo deste concurso os méritos correspondentes computarán até o 2 de xaneiro ao igual que ocorre no concurso xeral de traslados (fano desta maneira para evitar disfuncións).

Volver