A comunidade universitaria galega, en pleno, únese contra os recortes orzamentarios e en defensa da universidade pública
Convocan unha campaña de mobilizacións até o día 26 de febreiro, data na que está prevista a votación en pleno da Lei de Orzamentos da Xunta de Galiza para 2013
Calendario:
- 21 de febreiro: Fan un chamamento a toda a comunidade universitaria a participar nas concentracións convocadas pola Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos para esta data, ás 19:00 horas nas cidades galegas.
- 25 de febreiro: Convocan unha concentración, ás 10:00 horas diante do Parlamento de Galiza coincidindo co comezo do pleno de orzamentos.
Ao longo desa xornada están previstos tamén actos e mobilizacións a desenvolver nas distintas facultades.
- 26 de febreiro: Convócase un paro de catro horas apoiado pola CIG, APA, TGU, CUT, Comités, Liga Estudantil Universitaria e Acción Universitaria, para facilitar a participación na concentración convocada diante do Parlamento de Galiza. Previsibelmente convocarase tamén unha concentración previa na Praza do Toural, ás 13:00 horas, para saír en manifestación até o pazo do Hórreo.
Xa se pronunciaron a favor das mobilizacións, contra os recortes e en defensa da universidade pública os Comités de Empresa e as Xuntas de Persoal da Universidade de Santiago e, por unanimidade, a Xunta de Persoal de PAS da Universidade da Coruña, que acordaron tamén apoiar o paro. No decurso da semana agárdase que todas as Xuntas de Persoal de PDI e PAS trasladen o seu apoio a estas convocatorias.
Expulsan do Parlamento a representantes de traballadores/as de Navantia e da USC
Levántase temporalmente o peche de PAS da USC logo de que o reitor aceptase comezar as negociacións