A CIG rexeita a redución dos salarios e a práctica desaparición da oferta de emprego público para o ano 2011

Propón a restitución salarial, un plan plurianual para recuperar o poder adquisitivo, ofertas de emprego amplas e toda unha batería de medidas para enfrontar a crise para que non sexan os traballadores/as quen teñan que pagala

A área pública da CIG (Administración, Ensino e Sanidade) vén de manifestar o seu rotundo rexeitamento á proposta presentada esta mañá na Mesa da Función Pública de Galiza, incluída no Capítulo I dos orzamentos, no relativo, entre outros, a retribucións e restrición ao 10% da reposición de efectivos do persoal da Xunta de Galiza. Unha proposta que reproduce a presentada en Madrid polo goberno central e que implica continuar coa redución salarial dos empregados/as públicos/as nun 5% e das pagas extra en máis do 30%; limitar a oferta de emprego exclusivamente ao 10% da taxa de reposición, incluíndo por vez primeira á Sanidade e o Ensino, e que non recolle sequera unha cláusula de revisión salarial.

Ligazón

Volver