A CIG quere denunciar a actitude represiva mostrada hoxe ás portas do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, coa presenza da policía, impedindo a entrada de toda persoa allea ao Consorcio

Policía ás portas do Consocio de Igualdade e Benestar

A CIG quere denunciar a actitude represiva mostrada hoxe, ante as portas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, coa presenza da policía, impedindo a entrada de calquera persoa allea ao propio Consorcio, incluíndo a propia cidadanía que se quere facer algunha xestión neste servizo de administración, hoxe non pode entrar.

Con esta actitude, a Conselleira de traballo, Dona Beatriz Mato, non só mostra unha desconsideración absoluta cara ás traballadores e traballadores deste servizo, estando disposta a despedir a 61 das mesmas, senón que non escatima en actitudes coercitivas para que o persoal exprese os seus dereitos de manifestación e protesta.
Esta actuación da Consellería de Traballo vén motivada por non soportar a convocatoria de folga  para o día 24, sabendo, de antemán, que vai ser un éxito.
A Conselleira debe saber que estas actitudes o que fan é reforzar a vontade das traballadoras e traballadores para exixir o mantemento dos postos de traballo, a aplicación do convenio colectivo negociado e a realización dos procesos de oposición paralizados.
Lembramos a convocatoria dunha concentración para mañá, na Consellaría de Traballo, co motivo da reunión do Comité directivo do Consorcio.

Volver