A CIG mantén unha reunión coa Xerencia do Consorcio para afrontar distintas problemáticas que afectan ao seu persoal
Reunión co Consorcio
Á petición da CIG e trasladando as demandas que o propio persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar nos vén comunicando, o pasado día 10 de febreiro de 2009 celebrouse unha reunión de representantes do sindicato co Xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, para exporlle algúns temas relacionados con aspectos que afectan ás condicións de traballo do seu persoal, dos que informamos a continuación.