
A CIG gaña as eleccións sindicais con maioría absoluta no Consorcio Galego de Igualdade
Nas eleccións elexíronse un total de 47 delegados/as dos que a CIG acadou 26 (55,3%)
Podes ver os resultados nesta ligazón
En Lugo non se celebraron eleccións posto que o desenvolvemento do Consorcio foi posterior e a CIG ten a representación de todos os delegados sindicais, 4 de técnicos e administrativos e 1 de especialistas non cualificados.
Nestas eleccións estaban chamados a participar un total de 1429 electores dos diferentes centros de traballo que dependen do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Escolas Infantís, Centros de día, Quérote e centros de I+B.
Novas relacionadas