A CIG gaña as eleccións nos tres comités do Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar cun apoio de preto do 70%, sacando 16 delegados/as dun total de 23
Eleccións sindicais
A CIG valora moi positivamente o apoio maioritario que o persoal do Consorcio vén dar á candidatura presentada pola CIG, o que supón ter a maioría absoluta nos tres comités de empresa: Ourense, Pontevedra e A Coruña. Así, o comité da provincia de Ourense estará constituído por 5 membros, todos correspondentes á CIG; o comité da Coruña por 9 membros dos cales 6 corresponden á CIG e o comité de Pontevedra estará constituído por 9 membros dos cales 5 corresponden á CIG.

Estes resultados supoñen un aval para conseguir, entre outros, os obxectivos de aplicar o Convenio Único do persoal laboral da Xunta de Galiza a todo o persoal do Consorcio e conseguir a estabilidade do actual persoal do Consorcio mediante a súa transformación en persoal laboral fixo.
Tanto o persoal das galescolas como dos centros de día apostaron maioritariamente por un modelo sindical galego, participativo, combativo e democrático que se sustenta na defensa dun modelo galego de servizos públicos de calidade e nas melloras sociais e laborais das traballadoras e dos traballadores.
Resultados das eleccións sindicais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
| CIG | CCOO | UGT | ||||
Técn. | Espec. | Técn. | Espec. | Técn. | Espec. | ||
Comité Empresa A Coruña | Delegadas/os | 5 | 1 | 1 | 1 | 1 | 0 |
| Votos | 81 | 24 | 25 | 16 | 15 | 4 |
Comité Empresa Pontevedra | Delegadas/os | 4 | 1 | 1 | 1 | 2 | 0 |
| Votos | 43 | 12 | 14 | 9 | 28 | 0 |
Comité Empresa Ourense | Delegadas/os | 4 | 1 | - | - | - | - |
| Votos | 39 | 12 | - | 5 | - | - |
Total delegadas/os | 16 | 4 | 3 | ||||
Total votos | 211 | 69 | 47 |