A CIG esixirá na entrevista co Conselleiro a retirada das bases presentadas pola Xunta, a folga vai ser un novo éxito dos que queren a nosa lingua

Paremos o decretazo contra o galego

A CIG-Ensino está convocada a unha reunión co Conselleiro de Educación este martes, día 19, a unha hora (18.30 do serán) totalmente improcedente e inxustificábel, co fin de que a nosa posición, como sindicato maioritario, pase o máis desapercibida posíbel ante a opinión pública. Convite que só podemos entender como un lavado de cara e unha escusa perversa para intentar darlle cobertura social a unha proposta que o único que persegue e reducir o ensino en galego. É, unha vez máis, un intento desesperado para intentar reducir a incidencia da folga e desmobilizar a sociedade galega o día 21 contra o decretazo. Mais será, de novo, un intento fallido, pois neste momento todos os datos apuntan a un apoio masivo entre docentes e alumnado, co importante apoio de moitas ANPAS.

Ligazón

Volver

Novas relacionadas