
A CIG-ENSINO volve gañar as eleccións sindicais no San Xerome Emiliani e incrementa a súa representación
Eleccións sindicais
Cómpre considerar que estes resultados prodúcense nun centro en que desde o ano 2008 a CIG-Ensino levou a cabo dúas demandas de conflito colectivo pola modificación da xornada laboral dunha parte dos traballadores ou dúas demandas por despedimento, entre outras accións.
Finalmente, estes resultados súmanse aos obtidos neste sector, o dos centros de atención a persoas con discapacidade, convenio en que a CIG-Ensino ten a maioría en Galiza e para o que acaba de reclamar unha entrevista coa Consellaría de Traballo destinada a demandar melloras neste servizo e a negociación dun convenio de ámbito galego.