A CIG-ENSINO valora moi positivamente o seguimento da folga nas EEOOII
O 90% do profesorado participou na folga
O 90% do profesorado participou na folga. Máis de 500 persoas participaron na concentración en San Caetano, para un colectivo de 450 docentes. A CIG-ENSINO valora moi positivamente o seguimento da folga nas EEOOII. Un 90% do profesorado secundou a folga convocada para hoxe e mañá. Ao tempo, máis de 500 persoas, nun colectivo duns 450 profesores e profesoras, asistiron á concentración convocada hoxe, en San Caetano, o que supón un apoio masivo á demanda da retirada da circular 5/2009, e o rexeitamento absoluto do profesorado á actitude autoritaria e ilegal da Consellaría ao impoñer, sen negociar cos representantes do profesorado, unha circular que ten graves consecuencias para as EEOOII. A CIG-Ensino, que se manterá firme na demanda da retirada da circular, agarda que a Consellaría tome nota da resposta do profesorado e asuma a súa responsabilidade sen vulnerar os órganos de negociación. Gañar as eleccións non é un cheque en branco para facer e desfacer ao seu antollo e sempre en detrimento do ensino público.Mañá, xoves 10, continúa a folga e terá lugar unha concentración ante cada unha das 11 Escolas Oficiais de Idiomas, ás 12 da mañá (Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Santiago, A Coruña, Ferrol, Cedeira, Lugo, Monforte, Ribadeo, Ourense).
A CIG-ENSINO valora moi positivamente o seguimento da folga nas EEOOII
O 90% do profesorado participou na folga. Máis de 500 persoas participaron na concentración
en San Caetano, para un colectivo de 450 docentes
en San Caetano, para un colectivo de 450 docentes
A CIG-ENSINO valora moi positivamente o seguimento da folga nas EEOOII. Un 90% do profesorado secundou a folga convocada para hoxe e mañá. Ao tempo, máis de 500 persoas, nun colectivo duns 450 profesores e profesoras, asistiron á concentración convocada hoxe, en San Caetano, o que supón un apoio masivo á demanda da retirada da circular 5/2009, e o rexeitamento absoluto do profesorado á actitude autoritaria e ilegal da Consellaría ao impoñer, sen negociar cos representantes do profesorado, unha circular que ten graves consecuencias para as EEOOII.
A CIG-Ensino, que se manterá firme na demanda da retirada da circular, agarda que a Consellaría tome nota da resposta do profesorado e asuma a súa responsabilidade sen vulnerar os órganos de negociación. Gañar as eleccións non é un cheque en branco para facer e desfacer ao seu antollo e sempre en detrimento do ensino público.
Mañá, xoves 10, continúa a folga e terá lugar unha concentración ante cada unha das 11 Escolas Oficiais de Idiomas, ás 12 da mañá (Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Santiago, A Coruña, Ferrol, Cedeira, Lugo, Monforte, Ribadeo, Ourense).